Marvel Ultimate Alliance 2

Ao igual que normalmente se di que as segundas partes nunca foron boas (con excepcións), tamén é normal asegurar que os videoxogos baseados en películas son unha merda, pois...

Ao igual que normalmente se di que as segundas partes nunca foron boas (con excepcións), tamén é normal asegurar que os videoxogos baseados en películas son unha merda, pois son títulos desenvolvidos a toda prensa aproveitando un traballo previo para encaixalo cunha película da que se se sabe pouco. Hai que ter en conta que moitos videoxogos precisan dun desenvolvemento de 2 ou 3 anos, e moitas veces non hai detalles dunha película ata 6 ou 12 meses antes da súa estrea, polo que as presas son traicioneiras, de xeito que cando mercamos o videoxogo dunha película sabemos a qué aternos, pero o caso do que vou falar hoxe é moi distinto, pois coido que é un abuso. Falo de Marvel Ultimate Alliiance 2. ¿De verdade era preciso facer unha secuela? Porque o título para min foi unha das grandes decepcións pois, pese a que é divertido, non deixa de ser unha revisión engadindo máis personaxes do X-Men Legends II: Rise of Apocalypse, que á súa vez tamén tiña unha versión anterior. Digo doutro xeito, fixeron un xogo, o venderon 3 veces… ¡e agora queren vender o mesmo unha 4ª vez! ¡Menudo morro!

No sabía que ían sacar tal ata que vin o teaser que estrearon nas últimas horas co gallo do E3:

Loxicamente as imaxes non corresponden ao funcionamento do xogo senón aos vídeos de presentación (polo que non anuncian realmente nada) pero me deixan coa dúbida das versións dos personaxes que aparecen. Non estou moi seguro pero, ¿Daredevil vai co traxe amerelo? ¿O Capitán América leva o traxe clásico? ¿E Wolverine co traxe actual? ¿Non están a mesturar épocas distintas do Universo Marvel?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS