Luthea Salom en concerto esta noite

Esta noite no melidense Cantón de San Roque a iso das 10 da noite terá lugar un concerto de Luthea (¿Lucía?) Salom: Luthea Salom ofrecerá este sábado un concerto...

Luthea Salom en concerto
Esta noite no melidense Cantón de San Roque a iso das 10 da noite terá lugar un concerto de Luthea (¿Lucía?) Salom:

Luthea Salom ofrecerá este sábado un concerto no Cantón de San Roque de Melide
A teloneira de Norah Jones, producida por David Bowie, actúa en aberto en Melide dentro do Festival das artes e das letras, que se prolongará todo o mes de xullo.

Luthea Salom, cantautora canadense de fama internacional actuará por primeira vez en Galiza grazas ao concerto que este sábado ofrecerá no Cantón de San Roque de Melide. Será esta actuación unha das máis importantes das previstas para todo o mes de xullo a través da programación do I Festival das artes e das letras de Melide, que ao longo do mes salpicará a vila melidense con danza, jazz, flamenco, artes plásticas, conferencias, proxeccións fotográficas e outras iniciativas pioneiras no Concello de Melide.
A actuación de Luthea Salom está prevista para as 22 horas deste sábado, 5 de xullo, e encherá de jazz o Cantón de San Roque, no marco dunha xira que a cantante está facendo por cidades como Lisboa, Barcelona, Donostia ou Valencia. Mais para vela en Galiza esta será a primeira e única oportunidade este ano, posto que trala súa actuación este sábado na vila melidense, Luthea Salom continuará a súa xira polos Estados Unidos, país onde está afincada e desenvolve a súa traxectoria artística.
A programación deste Festival das artes e das letras, por parte do Concello de Melide é, en palabras da concelleira de Cultura, Conchi Castro, “unha aposta arriscada en canto a público, porque este tipo de actuacións non moven masas, mais si é unha baza segura pola calidade, a diversidade cultural e a entrada da nosa vila nos circuítos máis prestixiosos do ámbito musical e artístico”. Non en van, a actuación de Luthea Salom abrirá un precedente, ata agora inexistente, de actuacións de jazz e outros estilos musicais que nunca antes se deron cita en Melide. Será o caso, tamén, das actuacións de danza contemporánea e flamenco previstas no Festival para todo o mes de xullo.
Na súa actuación en Melide, Luthea Salom presentará o seu novo disco, Sunbeam surrounded by winter, a remasterización do seu traballo anterior que se esgotou en España. Todas as cancións están escritas pola propia cantante, agás unha peza, da que é autor David Bowie, encargado tamén da súa produción.
No ano 2007, a artista canadense foi tamén a teloneira da xira de Norah Jones.
A proxección internacional de Luthea Salom é, segundo o equipo de goberno de Melide “un aval máis que importante para amosarnos satisfeitos por poder organizar este concerto na nosa vila, para o que agardamos contar coa complicidade do público melidense”.
O I Festival das artes e das letras continuará o luns cunha proposta vencellada ás artes plásticas: a inauguración da exposición das obras finalistas do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide, Os sons de Galiza.

Admito que non coñecía a Luthea Salom de nada, polo que tiven que visitar a súa web oficial e o seu MySpace (onde cita o concerto melidense) para escoitar un pouco da súa música, e quedo co seu tema Dragonfly:

Non será a cantante máis coñecido do mundo, pero se ve que o fai ben, polo que o concerto terá garantida a súa calidade.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS