Modem USB de Simyo por 99 euros

A xente que queira facerse cun modem USB para acceder á banda larga móbil durante o verán sen atarse a ningunha operadora de telecomunicacións pode optar por facerse cun...

Huawei E220A xente que queira facerse cun modem USB para acceder á banda larga móbil durante o verán sen atarse a ningunha operadora de telecomunicacións pode optar por facerse cun Huawei E220, tamén coñecido informalmente coma xabroneira, totalmente libre (ou sexa, que se pode utilizar con varias operadoras sen ter que crackealo).
O prezo de venda do dispositivo é de 99 euros e inclúe un saldo de 20 euros (ou 30 euros se en vez dun número telefónico novo optamos pola portabilidade). Non é unha ganga, pero resulta moito máis cómodo e fiable que adquirir un modem por eBay, coa garantía de que, se Simyo non vai ben sempre o poderás empregar para Yoigo, Movistar, Vodafone, Orange ou a operadora que un queira, podendo descargar a velocidades de ata 3,6 Mbps (aínda que a cobertura máis espallada está limitada a 384 Kbps, o que é máis que suficiente para navegar pola web).

Iso si, non podo deixar de comentar que nos últimos meses me conecto con esta tecnoloxía á Rede durante as fins de semana, e as 3 últimas semanas a experiencia non foi boa, xa que en moitos momentos me foi imposible establecer comunicación coa rede de Simyo (de Orange, para ser máis exactos), polo que sospeito que o uso destas conexións se está a disparar coa chegada do verán.
Cando funciona ben é unha solución que incluso vale para conecterse á Rede no rural (onde en moitos casos non chega o ADSL), pero cando vai mal resulta frustrante. Espero que melloren estas comunicacións porque con dispositivos coma o iPhone os problemas de conexión deixarían aos móbiles 3G totalmente coxos (adeus ao GPS e a moitas outras prestacións que se apoian na Internet).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS