Tradicionalmente na Coruña hai unha bronca continua entre partidarios de chamar á cidade La Coruña ou A Coruña que podería terse arranxado hai moitos anos eliminando o artigo como tamén se fixo con Ferrol, mentres que a nivel autonómico a comunidade recibía normalmente o nome de Galicia, mentres que algúns apelaban a motivos lingüísticos e históricos para falar de Galiza.
A cousa parecía que podía montar algo de lío agora que o PSdeG e o BNG comparten o Goberno da Xunta, levando a cambiar o nome do organismo (¿Xunta de Galiza?) e da comunidade autónoma, polo que nun momento dado tiveron a ben consultar o asunto coa Real Academia Galega, e agora coñecemos a resposta do ente:
Sinceramente coido que a resolución da RAG non invalida en absoluto o uso da palabra Galiza (non esquezamos que en Portugal aínda hoxe falan de “a Galiza”) polo que as persoas que queiran continuar a reivindicar tal forma están no seu dereito (vaia, que Galiza non é unha falta ortográfica aínda que non se recomende o seu uso), pero hai que admitir que se reforza a oficialidade do nome Galicia, coma tamén hoxe temos que defender que a cidade herculina é A Coruña. Para algúns pode ser un problema combinar as dúas posturas, pero o certo é que máis nos vale estar dacordo no que é Galicia e non en cómo escribimos o nome da nosa terra.
ACTUALIZACIÓN: Este tema está a dar moito que falar en Chuza, El Correo Gallego, Vieiros e algún que outro blog. Non me sorprendería que se convertese nun tema de debate durante as vindeiras semanas (a nivel mediático).
Debe estar conectado para enviar un comentario.