2 Xuño, 2008
A miña intervención de hoxe en Voces de Galicia comezou falando do servizo Busymulator, que nos serve para escaquearnos de xuntanzas programando chamadas telefónicas para que nos interrompan:
Ese sistema mola para cita a cegas, xuntanzas longas e moitas outras situacións comprometidas, aínda que cómpre indicar que o servizo manda un SMS de confirmación, polo que o de programar unha chamada para dentro de 1 minuto pode ser moi descarrado (pois antes estariamos escribindo e lendo un SMS).
Tamén é moi aconsellable o mando a distancia universal Energy Saver, que ten un botón para apagar un enchufe ao que conectar unha regleta co televisor, o DVD, a consola e todos os trastos que non queiramos deixar en espera no salón da casa sen ter que erguer o cu do sofá.
E para rematar, falamos de dúas grandes novas: a morte do TRAC (Telefónica ten que devolver as frecuencias deste tipo de telefonía ao rematar o ano, polo que deberá actualizar a tecnoloxía destes teléfonos con urxencia) e a emisión de Disney Channel a través da TDT (o que lle pode facer algo de pupa a Digital+, e nos deixa sen Fly Music, pero será positivo para a oferta televisiva tan tomatizada que hai hoxe).
Debe estar conectado para enviar un comentario.