Curiosa reacción da prensa ante a crise

A prensa está a afrontar unha crise moi importante, xa que os medios impresos xa non se ven do mesmo xeito por parte do público, polo que unha tira...

A prensa está a afrontar unha crise moi importante, xa que os medios impresos xa non se ven do mesmo xeito por parte do público, polo que unha tira da que falou o outro día Julio Alonso no seu blog xa chamaba á reflexión:
Print Media isn't dead

Lonxe diso, algúns medios avanzan por camiños perigosos, con mensaxes que non gustan a todo o público (a tendencia á espectularización resulta preocupante), mentres que nos quioscos e rúas hai cada día máis información, de aí que puntos de vista coma o que da Clickina tampouco deberían sorprender:
Visión de Clickina do xornalismo

Pero o que si que abraia é que a prensa, que está a competir dun xeito moi complexo coas publicacións dixitais (en moitos casos, coa mesma cabeceira), e mentres uns medios teñen que empregar coleccionables para atraer ao público, outros optan por medidas que realmente meten medo:

EL PAÍS cuesta desde hoy 1,10 euros
A partir de hoy, y de lunes a sábado, EL PAÍS costará 1,10 euros. El diario no subía desde el 4 de marzo de 2002. En estos seis años, en los que la inflación acumulada ha sido del 23%, EL PAÍS ha mejorado y rediseñado sus contenidos, ha incorporado el color a todas sus páginas y ha creado nuevos suplementos. Esta subida permitirá garantizar la calidad que exigen los lectores y emprender nuevos proyectos que mejoren la oferta informativa. La edición del domingo seguirá a 2,20 euros

Esta nova que se puido ler onte en El País prodúceme unha sensación de déjà vu. Si, porque El País xa pechara a súa web (facéndoa de pago) a finais de 2002, o que trouxo graves repercusións para o medio que aínda hoxe non recuperou a posición que tiña no pasado na web (pese a que en novembro de 2006 acometeron uns cambios impresionantes na súa edición electrónica que de seguro que non foron baratos).
Se queren atraer audiencias subindo o prezo mentres nos inundan con gratuítos e o seu competidor directo (Público, pois El Mundo non ten o mesmo target) só custa 50 céntimos, coido que van mal, pero que moi mal.
O Grupo PRISA está a pasar un mal momento, polo que van a pór en venda Digital+, pero a Cadena SER e El País (dos que veñen de vender as súas sedes para ter liquidez) son medios que deberían coidar (por algo lideran os seus respectivos sectores) e non facerlle tal satanada ao seu medio de referencia. Seguro que agardan que o resto de xornais fagan o mesmo que eles, como tamén pasou cando fixeron a web de pago, pero se non pasa tal (e agardemos que non pase) van a meterse un hostión.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS