A noite do Europerreo

A historia parece chegar á súa fin, e esta noite chegará o perreo de Rodolfo Chikilicuatre a Eurovisión. Para quecer os motores, La Sexta emite de 17:00 a 19:00...

Espain Tuelf PointsA historia parece chegar á súa fin, e esta noite chegará o perreo de Rodolfo Chikilicuatre a Eurovisión. Para quecer os motores, La Sexta emite de 17:00 a 19:00 horas o especial Ya hemos ganado, e xusto despois comeza a cobertura do Festival en La 1 (¿tolearon?) que só fará un paréntese para o informativo das 20:30 horas. Ou sexa, que temos Chiki Chiki ata despois da medianoite.
Eu supoño que verei parte da gala e, como mínimo, as votacións finais, non para saber se gañará o Chikilicuatre, senón para aplaudir se nalgún momento din iso de “Espein Tuelf Points” 😛

Comeza xa a fin de Rodolfo, polo que agora queda facer quinielas para saber se quedará coma personaxe en Buenafuente ou desaparecerá para sempre, o que seguramente agradecería David Fernández (o actor que encarna a este fenómeno).
Mentres facemos cábalas déixovos cunha discusión nun bar de Vigo que subiu Berto a YouTube:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS