Luciana e o Papa

Despois do éxito de Salvados por la Campaña, Jordi Évole está a preparar unha serie de programas baixo a mesma fórmula, estreando o 25 de maio o especial Salvados...

Despois do éxito de Salvados por la Campaña, Jordi Évole está a preparar unha serie de programas baixo a mesma fórmula, estreando o 25 de maio o especial Salvados por la Iglesia para o que conseguiron un documento gráfico impresionante:
Facendo entrega de Luciana ao Papa
¡Nin tricornios nin gaitas! El Follonero conseguiu que lle fixeran entrega ao Papa unha réplica de Luciana, a guitarra de Rodolfo Chikilicuatre, que tan bos momentos nos fixo pasar na televisión:

Supoño que esta noite porán o corte no programa de Buenafuente, para ir facendo publicidade do programa de Salvados, pois neste momento a nova xa aparece en boa parte da prensa en liña. Perrea, urbi et orbi.

ACTUALIZACIÓN: El Follonero falo de Salvados por la campaña en Buenafuente e comentou algo moito mellor que o do Papa ao meu entender: botárono da embaixada española no Vaticano e o embaixador non aceptou que o agasallaran cunha bandexa de Ferrero Rocher por aquilo de que é o que poñen nas festas do embaixador:

Só por ver a Paco coido que o novo programa do Follonero vai pagar a pena.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS