Esta mañá estiven na no Palacio de Congresos de Compostela, e teño que recoñecer que saquei unha impresión positiva en xeral pero con algunhas sombras.
Nun principio topei con xente que había tempo que non vía (Goretoxo, Javier García Tobío e Manuel González, por citar dous) e tamén coñecín en persoa a Susan Reinolds, responsable de prensa da Asociación PuntoGal, que estivo a informarme dos avances da iniciativa en favor dun dominio galego na Internet.
Unha vez que entramos na Sala Obradoiro, comezaron as aburridísimas charlas nas que a xente soltaba rollos que todos sabiamos sobre o boa que é a tecnoloxía ou o importantes que son as súas respectivas empresas, que só no caso dunha presentación de Microsoft Ibérica ía acompañada por unha presentación espectacular (aínda que pouco relacionada co tema a tratar).
Varios dos poñentes cometaban que, aparte de , tamén estaba , o que a min non me constaba, e resulta que o puxeron nos últimos días na Rede (pensaba que ían tardar 2 ou 3 meses como cando presentaron o Vista en catalán). Unha boa nova, sen dúbida, que chegou da voz da presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa García:
Si, ¡falou en galego! Tivo que esforzarse moito, pero estivo moito mellor que a intervención de Javier Riera da FSC, que sendo galego farou en español, contrastando moito co resto dos poñentes, que ou falaron en galego ou pediron desculpas por non facelo (e neste segundo caso eran todos de fóra de Galicia). Ninguén está obrigado a falar o galego, pero nun acto no que se presentan o Vista e o Office 2007 en galego, ¿non vos parece unha faltada que un galego fale en público en español?
Tamén quero incidir no feito de que os de Microsoft insistiron no feito de que a empresa compostelá Imaxín contribuíu na tradución ao galego das súas aplicacións.
Para concluír, dicirvos que HP, Dell e Inves van vender equipos coas aplicacións de Microsoft en galego preinstaladas, aínda que iso o farán nun principio para a Administración e para empresas que así o soliciten. O seguinte paso, ¿cal debería ser? ¿Un Mac OS X en galego? Parece un obxectivo demasiado complicado…
Debe estar conectado para enviar un comentario.