Watchpeanuts: ¿e se Charles Schulz debuxase o cómic de Alan Moore?

En BoingBoing amosaron onte un debuxo de Evan Shaner (ten máis debexos, e de grande calidade, na súa galería en DeviantART) no que se ve cómo sería o cómic...

WatchpeanutsEn BoingBoing amosaron onte un debuxo de Evan Shaner (ten máis debexos, e de grande calidade, na súa galería en DeviantART) no que se ve cómo sería o cómic Watchmen se estivese protagonizado polos personaxes da tira Peanuts (Snoopy) de Charles Schulz. A Shaner pareceulle simpático bromear cunha versión de Watchmen, e iso podería ser só a primeira de moitas outras parodias de comics de Alan Moore.
Aínda que quede simpática a caricatura, os debuxos orixinais de Dave Gibbons tiñan unha calidade impecable e as imaxes que se poden ver polo momento dos personaxes da película que están a facer sobre o popular cómic de Moore parece que lle fan xustiza. Só espero que cando vexa a película no cine non me veña á cabeza a parodia de Shaner, e imaxine a Snoopy e a Charlie Brown na pantalla 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...