Bonecas sexuais moi televisivas

Nos últimos días sairon en numerosos blogs as ilustracións dunhas bonecas hinchables da marca Pipedream correspondentes á serie Super Star que veñen a ser o traslado da parodia peliculeira...

Nos últimos días sairon en numerosos blogs as ilustracións dunhas bonecas hinchables da marca Pipedream correspondentes á serie Super Star que veñen a ser o traslado da parodia peliculeira (tipo Eduardo Manospenes ou Penetrator 2) a ese peculiar mundo das bonecas sexuais.
Eva DesesperadaSexo no cacasTori Spelling hinchableJessica Sin
Non sei cómo se lles deu por aí, especialmente ante as potenciais denuncias por parte das famosas emuladas (¿será o caso da boneca inspirada en Eva Desesperada Longoria, que xa non se pode ver na web do fabricante?), pero o que me sorprende é a elección das estrelas: ¡¿Sarah Jessica Parker?! ¡¡¡¿Tori Spelling?!!! ¿Acaso hai gente en EE.UU. con posters de Tori Spelling no seu dormitorio?
Iso si, o da boneca Jessica Sin como fusión de Jessica Alba e Sin City pareceume unha elección de nome bastante intelixente, mentres que o de Sex in the Shitty me pareceu unha burrada de título, máis propia dun tema musical de Gigatron:

Non sei se hai bonecas baseadas en estrelas españolas (¡espero que non!) e tampouco acabo de entender cómo vai iso de facer bonecas que se asemellan a famosas, pois coido que estamos máis afeitos a ver o contrario: a base de operacións moitas famosas se parecen cada vez máis a bonecas hinchables.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS