I Love My Mac: o videoclip

Hai moitos meses que coñezo a canción de Daphne Kalfon I Love My Mac, que mesmo tiña un cutre-vídeo musical, pero unha tal Tonya fixo o seu propio videoclip...

Hai moitos meses que coñezo a canción de Daphne Kalfon I Love My Mac, que mesmo tiña un cutre-vídeo musical, pero unha tal Tonya fixo o seu propio videoclip capturando (cunha calidade de imaxe que parece dunha webcam) a esencia dos maqueiros en poucos minutos:

Ver letra da canción ▼

¡Menuda colección de equipos amosa a rapaza! ¡E menuda frikada o dos cadelos!

Eu adoro a canción, pero non acabo de entender iso de facer do Mac unha secta… e o digo tecleando esta entrada dende un eMac 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...