Eurovisión en RadioVoz

Esta mañá participei nunha tertulia no programa Voces de Galicia (RadioVoz) na que se debatía sobre as candidaturas galegas a Eurovisión a través de MySpace, o que para a...

Esta mañá participei nunha tertulia no programa Voces de Galicia (RadioVoz) na que se debatía sobre as candidaturas galegas a Eurovisión a través de MySpace, o que para a meirande parte dos presentes é toda unha frikada (o que ofendeu a máis de un):

Foi un dos debates de radio máis divertidos nos que participei, e o rapaz que cantaba a ritmo de tango tomaba o rollo con moi bo humor (e Portabales tamén contribuíu á súa orixinal campaña promocional). Quedoume clarísimo que a única candidatura galega que podería terse en conta é a de Nueve8seis, aínda que o teñen moi difícil, porque nese estilo musical hai moita competencia, pero cando menos se curraron un videoclip:

É unha mágoa que coa publicidade que se lle está a dar nos distintos medios o grupo non teña o seu último disco nas tendas (eu non o atopei en ningunha tenda en liña, aínda que nunha web lin que se podía mercar nalgunha tenda Tipo e ¡nos Hiper Froiz! ¡Toma frikada!). Agardo que aproveiten a oportunidade para facerse un nome en toda Galicia.

Cando remate o prazo de presentación das candidaturas ó certame procurarei facer un repaso, porque paga a pena botarlles un ollo, aínda que non podo rematar esta entrada sen comentar que Wicho meteu lixeiramente a gamba na súa intervención, pois Rosa García, a presidenta de Microsoft España non ten un MySpace, senón un MSN Live Space (El Ventanal), o que é un exemplo de que a xente confunde bastante os servizos web das dúas compañías (por ter nomes semellantes). Iso si, haberá que ver cómo será finalmente o sistema de votación, pois parece ser que se vai encargar MySpace do mesmo, e se non poñen uns filtros decentes pode haber un tongo tremendo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS