Admito que flipo sempre que escoito a falar a Touriño pola televisión, pois resúltame difícil saber en qué lingua fala, de aí que me fixera moita graza no seu día a Touripedia, pero agora que xa hai un vídeo que ilustra o que é o touriño (esa fala singular):
Agardo que tal clip faga reflexionar sobre a necesidade de falar ben en público, non só os políticos, senón tamén os xornalistas e presentadores televisivos e radiofónicos, pois tanto a TVG como a Radio Galega están a causar estragos sobre a nosa fala.
Cando a xente escoita unha palabra mal nos medios corrixe o seu léxico cunha nova acepción pouco axeitada. Chega con ver a cantidade de veces que escoitamos a palabra incerto coma sinónimo de falso.
a
A direita: Todo o que non é PiSOE.
Abandanar: Deixar tirada a bandana.
Abromados: Rebosantes de bromas.
Acampañar: Ir con outros a montar a tenda.
Aclarexar: Disiparexar as dúbidas.
Agrademento: Senmento de gratude.
Aguxeiro: Furato.
Anda bancha: Banda ancha.
Artígolo: Unha das partes nas que se dividen os escrítolos.
Atourizar: Cando autoriza Touriño.
Autorregalación: O soldo dos ex presidentes.
Avaluar: Evaliar.
b
Bereficioso: Proveitoso, útil.
Bicrobiolóxica: Contaminación producida por dúas variedades de minúsculos bolígrafos: o laranxa, que escribe fino, e o cristal, que escribe normal.
Buscar a estabi gobernabi responsabili estabilidade nos Gobernos Municipais: Orixinal creación da linguaxe que nos remite a aquela na que Mafalda, tras ler nunha parede a frase “Basta de censu”, sentenciou “O se le acabó la pintu, o no pu termi por razo que son del domin publi”.
c
Cambo de rumba: Cambio de rumbo bailando.
Capacidade/discapacidade: Sinónimos (igual que Validez/invalidez).
Catratación: Acción e efecto de acadar un contrato no catre.
Certidá: Certenzumbre.
Cidadano: Relativo o cu das cidades.
Cifa: Númeo.
Como acaba de dicir non a Xunta de Galicia, senón unha auditoría como é debido: … unha auditoría independente.
Complezo: Complicazo.
Compostaleda: Alegre capital de Galicia.
Comprovidos: Comprometidos con Vigo.
Coparación: Símil entre copas.
Consúsegue: Cónxuxe (imaxinamos…).
Corril: Banda lonxitudinal destinada ó tránsito dunha soa ringleira de aves dentro do galiñeiro.
d
Decesete: Número. Tamén se refire a un deceso pequeno.
Delicuantes: Partícula interrogativa empregada para preguntar sobre o número de malfeitores.
Denemonizar: Demonizar.
Des-pendientes: Agasalles ás persoas discapacitadas con aros para as orellas.
Dispositivo de extinción de personas: Kamikazes galegos contra o lume.
Do Neste ao Meste: Dous dos puntos cardinais ós que se estende a marea do cambio.
e
É a houra: É o moumento adecuado.
Écito: Suxeso.
Eh…mmm…ejem..errr…eh…mmm: Carraspeo para gañar tempo antes de cada intervención no Parlamento despois de recibir unha ostia de Núñez Feijóo
Empreo: Trabalo.
En difinitiva: Difinitivamenti.
Encantao: Feliz de ser presidente.
Eneiro: Primeiro mes do ano en Gardicia.
Equititivo: Ecuínime.
Equitude: Inquietude equitativa.
Erozionar: Dezgaztar.
Erradical radicalmente: Erradical de raíz.
Escola itineraria: Inqueda escola infantil do rural galego.
Especer: Esquecer as especias.
Estar a falando: Estar falar.
f
Fadorable: Proclive ós fados. Adorable canción portuguesa.
Fedorico García Lorca: Poeta granadino con serios problemas de olor corporal.
Fleto: En realidade, el quería dicir “feito”, pero…
FODESA: Inmobiliaria ex-coruñesa de marcado carácter sexual.
Formolización: Formular en formol.
Formulacionar: Facer formulacións, non?.
Fotagrafiándose: Fotografándose.
Furato: Aguxeiro.
Furcionamento: Execución da función propia nun (que non dun) lupanar.
g
Galucia: Poís.
Garantillar: Garantir o gatillazo.
Gardicia: Bonito lugar que compartimos con Touri.
h
Heavy: Posibilidade de que Galucia conte cun satélite de telecomunicacións propio.
Horato: Conselleiro delegado de Unión Fesa.
Hospital tradicionalidade: Centro médico no que as enfermeiras visten cofia, os galenos practican sangrados, a anestesia sustitúese por un bo grolo de whisky e as intervencións cirúrxicas realízanse á luz do candil, marica chuschús…! NOVO!!!
Houra: 60 minoutos.
i
Imbricación: Acción de imbricar, é dicir, envolver ou enredar (v.gr. Presuntos Imbricados).
Interpenetración: Cando ámbolos dous son activos e pasivos a un tempo. Se che parece complicado, non te preocupes, que “estamos dando cursos…”.
l
Laboura: 1. Variante agresiva da la. 2. Oucupacións de Touriño. NOVO!!!
Leises: Decretos que regulan as patacas fritidas que veñen en tubos.
Licuador: Círculo imaxinario que permite convertir o sólido nun líquido dividido en dúas metades iguais.
Liñas de acción: Todo o que aprobamos no Consello, sen pasta.
Loita contra a seguridade viaria: Estratexia do goberno galego para incrementar os accidentes de estrada.
Lubián-Medina, Madina-Ma-Madina-Medina-Madrid: Treitos do AVE coa Meseta.
Lusafonía: Quedar sen voz en Portugal.
m
Magnífico formolún cun modor de gran cilindrada construido cunha pedorosa tecnoloxía: Véxase: Magnífico Fórmula-1 cun motor de gran cilindrada construido cunha poderosa tecnoloxía. É dicir: Abel Caballero.
Mativación: Acción de motivar con matices. Matización con motivo.
Me arrecomendo: Arrecarallo se me recomendo.
Melgavatio: Peixe eléctrico.
Melloras substanciais: Todo o que aprobamos no Consello, con pasta.
Millorar: Mellorar o millo.
Minicisidade: Meticulosidade pequena.
Modo de vista: Punto de ver.
Molúsculo bivalvo: Mexillón de dúas nádegas.
Momento histérico: Nervoso momento histórico.
Multilunguismo: Calidade propia dos moitos habitantes de Lungui (Malanje, Angola), que a Xunta, por razóns que non acertamos a comprender, quere impulsar. NOVO!!!
n
Natario: Funcionario público que da fe coa tona do leite.
Nitia: Muller limpa e clara cuios irmáns non tiveron fillos.
No ofende quien lo hace, sino quien puede: Hacer es querer.
Novas retas, novos metos: Novos retos, novas metas (ou “Novas metas, novos retos“, que aquí os académicos non se poñen dacordo).
“Nunca vos follarei”: Promesa realizada ós emigrantes na Arxentina. “Máis quixeras…” –din que respostou un voceiro da diáspora.
o
O goberno que presido: O goberno da Xunta. Necesidade de autorreforzamento para deixar claro que non o preside Quintana.
O presidente da Xunta: Eu.
Oita: Númera que está entre a seta e a nova.
Os militantes e os militantes: Homes e mulleres afiliados ó PSdeG.
Os votos e as votas: Papeletos e papeletas que se introducen nos urnos e nas urnas.
Ospiral: Centro médico que da infinitas voltas ó redor dun punto fixo, alonxándose cada vez máis da data de consulta.
p
Pasar holla: Dar halgo por rematado.
Pescaderos: Mariñores.
Pinto de vista: Perspectiva de varias cores.
Poís: Galucia.
Poñer branco sobre negro: Asinar con típex.
Portavacía: Gol que se marca sen oposición pero tamén cargo que ocupa aquel que fala no nome da oposición.
Posto en marcho: Aprobo isto e piro.
Prataganizado: Interpretado en prata.
Previsións previas: As que se fan primeiro de nada.
r
Rajay: Verborreico líder da oposición.
Recatar: Na frase “Temos que recatar as Illas Atlánticas” debe entenderse como “evitar que se foda nelas”.
Recibir(se): Acción propia de quen comeza falando de si mesmo en terceira persoa e acaba sendo anfitrión e único convidado ó mesmo tempo.
Red Interestelar de Carreteras del Estado: “Hasta el Infinito… y más allá!”
Redentabilizando: Rentabilizando as redencións.
Reducir drasticamente o emprego xuvenil: Reducir drasticamente o paro xuvenil.
Ría da Viga: Baía de dobre T que sustenta a Ponte de Rande.
s
Semexantes, homoxénuas: Sen diferencia de ningún tipo.
Señor Partido Popular: Alberto Núñez Feijóo.
Succións e donacións, imposto de:. Taxa que se cobra por chupar (con perdón) ata que se obtén a doazón agardada. NOVO!!!
Suprón: Signifrica.
t
Teñemos que chear as furnas con os votos de os progresistas i as progresistas galegas: Chamamento electoral.
Tocaio: Persoa coa que se comparte apelido (Pérez Touriño-Pérez Rubalcaba).
Todas as rutas de transporte da terra: Aquelas polas que circulan os buses escolares con servicio de acompañante.
Tomado nata: Apuntado na tona do leite.
Topenciar: Potenciar ata o tope máximo.
Trabalando: que é xerundio.
Trasterro e Desilio: Parella de irmáns, coñecidos polas súas trasnadas, ós que os seus pais adoitan castigar enviándonos (exilio ou desterro) ó faiado (trasteiro?).
Turiño: Variante coa que denominan ó presidente da Xunta os membros do goberno central.
u
Ustede: Vosted.
“Utilizádea”: Invitación ós emigrantes para que fagan bo uso de María Xosé Porteiro, “unha muller digna”.
v
Valium: Sedante chaira situada entre montes.
vangarda dos máis vangardistas, Á: Onde está o sistema educativo galego.
Vático: Preguicético.
Vista bon: ver visto verde.
Visto verde: Luz boa. Luz e prace.
Vostede ven aquí a: Reproche a Núñez Feijóo por asistir ao Parlamento
Vou facer e farelo: esp. Voy a hacer y salvado.
x
Xacabeo: Derradeiro día do Ano Santo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.