Quenllas en Radiovoz

Como tódolos luns, pasei polo programa de Isidorio Valerio en RadioVoz, e coido que paga a pena mencionalo só por destacar a nova do fotógrafo atacado por unha quenlla...

A quenlla que atacou ó reporteiro
Como tódolos luns, pasei polo programa de Isidorio Valerio en RadioVoz, e coido que paga a pena mencionalo só por destacar a nova do fotógrafo atacado por unha quenlla mentres probaba unha cámara adaptada para sacar instantáneas subacuáticas. ¡Manda truco! Recoméndovos ver as fotografías que tirou antes do ataque.
Tamén repasamos a
memoria USB de 32 Gb de Buffalo, a versión Flash do BBC iPlayer (para ver os contidos dende España hai que navegar a través dun proxy británico) da que esperemos que cunda o exemplo e a crise dos videoclubs achacada á Internet (que está provocada por moitos outros elementos, coma o éxito das series de televisión ou o aumento da oferta televisiva dixital).
Desta vez a intervención durou pouco, e tivemos que ir con presa, de xeito que non tocamos temas coma os prezos do ADSL, o YouTube das inmobiliarias e outros asuntiños, porque se falamos máis a sección xa tería que ser diaria 😉

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...