5 Outubro, 2007
O INE publicou os datos de uso das TIC no fogar e continuamos á cola de España:
Como vén a ser costume, a única comunidade que vai peor que a nosa é Estremadura, polo que hai que pedir ás operadoras e ás Administracións que boten un cabo. O tema debateuse esta mañá na Radio Galega, e contaron cunha torpe intervención miña, pero que vos colgo aquí para que poidades coñecer tamén os testemuños reais de oíntes que relataban cómo Telefónica lles dá as costas e os esquece durante anos:
O tema vén a coincidir cos problemas de meu irmán para conectarse á Rede (parece que lle están a ofrecer LMDS) e cando un coñece casos particulares a situación resulta máis frustrante.