31 Agosto, 2007
Uns cantos blogueiros coruñeses levan tempo argallando un punto de encontro para os blogs da cidade, e tras moitas voltas inician un agregador de blogs turcos que responde o nome de CoruBlogs (que estivo a piques de chamarse Cascarilleiros).
Poderiamos dicir que este lanzamento coincide co Blog Day 2007 (coido que hoxe e a data oficial da estrea) e Nacho de la Fuente comenta que xa hai uns 30 blogs listados. Cando o número medre un pouco máis a cousa vai ser un desfase, pero polo momento o sistema nos permitirá saber que hai un lugar de referencia para os blogs coruñeses, unha web que moitos non dubidarán en chamar kel 😉