7 Xullo, 2007
1 de enero, 2 de febrero, 3 de marzo, 4 de abril, 5 de mayo, 6 de junio, 7 de julio, ¡San Fermín! A Pamplona hemos de ir… a botar unha partida ó Extreme Pamplona. Trátase dun xogo en Flash no que hai que fuxir dun touro (ou do que corresponda segundo o país no que nos atopemos) saltando os obstáculos.
O xogo é moi divertido e lémbrame moito ó Prince of Persia (salvando as distancias), pero o que non entendo é por qué Rexona (a marca da que está facendo publicidade o xogo) non saca este tipo de cousas en España (ó igual que Axe non lanza aquí tódalas campañas caralludas de Lynx). De feito, aquí tampouco vin o seguinte anuncio que tamén vai dos San Fermíns:
Debe estar conectado para enviar un comentario.