O pasado venres pasei pola emisora de Radio Coruña para o programa de despedida de tempada de Zapping, agardando contar coa presenza do Dr. Albertito House, que ó final non chegou a tempo, polo que estiven a facer o carallán un rato con Txury e Antón, o que sempre resulta divertido, e grazas ó podcasteiro xa o podedes escoitar dende na Rede:
Sobre as miñas recomendacións de navegación durante o programa, reitero que Up-Beat é un xogo viciosísimo (coma o Gridlock de Antón), como podedes comprobar a continuación:
Amosa xogo ▼
Tamén falei de VirtualNES e Extreme Pamplona, así como comentei que se pode ver a televisión no ordenador con Zattoo e PeerTV, e a frikada absoluta foi a das personiñas de peto, a Tiny Pocket People.
¿Son ou non son un invento orixinal? Aínda que non sei se a xente apertará ou estrangulará ós bonequiños en cuestión.
En fin, que ata despois do verán non teremos máis Zapping, e haberá que aguantar o mono coas gravacóns dos programas vellos. Iso si, este ano serviu para achegar novos colaboradores e oíntes, o que estivo moi ben. Entre Alberta, Vítor e o Coiote coido que xa sumaron unha tempada de luxo, ¿non si?
Debe estar conectado para enviar un comentario.