¡Segun!

Andrés Milleiro lidera esta noite a listaxe do Blogomillo, seguido por un servidor, o que está claro que se trata dun accidente, xa que blogues coma Aduaneiros, Capítulo 0...

Andrés Milleiro lidera esta noite a listaxe do Blogomillo, seguido por un servidor, o que está claro que se trata dun accidente, xa que blogues coma Aduaneiros, Capítulo 0 e Días Estranhos están nas posicións 752, 906 e 977 respectivamente.
Supoño que o problema radicará nas modificacións que está a facer Goretoxo para incorporar elementos como a localización xeográfica dos blogues, a mesma sorte que nos colocaba por detrás do posto 160 hai un par de semanas nos sitúa agora no máis alto. Iso si, ver a imaxe resulta sobrecolledor:
Marcus.es no número 2 do Blogomillo
¡Qué orgullosa estaría miña nai se soubera o que é un blogue! 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS