Durante a Chuza-Excursión Coruñesa descubrín o que era iso do theremin, e o difícil que é tocalo, polo que acabo de flipar ó ver unha versión do Crazy de Gnarls Barkley con tal instrumento:
Entereime da existencia do vídeo dende BoingBoing e supoño que nos vindeiros días se converterá nun dos vídeos máis vistos en YouTube, pois ten pinta que o theremin pode rexurdir memeticamente 😉
Eu cando menos vexo que ten moito mérito emular a voz do vocalista de Gnarls Barkley do curioso instrumento musical que parece máis axeitado para cousas como a intro de Star Trek (que, pese ós rumores, non se realizou cun theremin). Iso si, para botar unhas risas está moi ben o combate entre as sintonías dos Simpson e Star Trek cun teclado, un theremin e un embudo:
24 Xuño, 2007