19 Xuño, 2007
Os de Pixel y Dixel publican que El Koala volve a dar caña este verán (¡e mesmo está na portada de YouTube en español!), pero contando agora coa axuda de Manolo Escobar:
Eu teño que admitir que cando nun corcurso elixiron como a canción española máis importante da historia ó Mediterráneo de Serrat me sentín indignado, pois sempre considerei que era Mi Carro cantada por Manolo Escobar. Dubido que o Koala poida repetir o éxito do verán pasado, pero de tódolos xeitos estou seguro que vou a escoitar moitas veces a cancionciña durante as festas do mes de agosto 🙁