7 Xuño, 2007
La Chica de la Tele alegroume o día ó publicar no seu blog un videoclip cunha versión do Bohemiam Rhapsody de Queen en plan Terrance & Phillip:
O máis caralludo do conto é que as imaxes e a letra da canción casan bastante ben, o que ten o seu mérito. Aparte de para botar unhas risas o vídeo tamén serve para lembrar moitas das tramas de Perdidos que xa estaban no esquecemento. ¿Tanto cambiou a serie dende a primeira tempada? Pois vai ser que si…