24 Maio, 2007
A xente de Apple incorporou ós seus últimos ordenadores, tanto portátiles coma sobremesa (agás o Mac mini, claro), unha webcam á que chaman iSight, e como hai moitos usuarios paranoicos, un fabricante anuncia o iPatch:
Supostamente o iPatch serve para tapar a cámara dos iMac e lanzarán proximamente versións para os MacBook e MacBook Pro, pero eu non sei se estarán en serio porque, ¿quen pagaría 9,99 dólares por algo que se pode facer cun chicle ou con cinta aislante?
Iso si, ¡o iPatch é alta tecnoloxía! O vindeiro seguro que será toda unha innovación da técnica, coma unha funda para o portátil feita de la.
Debe estar conectado para enviar un comentario.