O venres comentei en Zapping que había unha web na que se amosaban parecidos con famosos baseados en fotografías (My Heritage) e que eu probei cunha imaxe de meu irmán e que daba que tanto se parecía a Al Capone como a Billy Crystal:
Como vedes, o sistema ten unha fiabilidade moi discutible (especialmente se temos en conta que a min comparábame con Guy Pearce), pero para pasar o rato é un xoguete interesante, como a ferramenta que teñen os da Universidade de St. Andrews en colaboración co Perception Laboratory, o Face Transformer, que retoca fotografías de caras para darlles distintos aspectos:
Para continuar a fastidiar a meu irmán, transformei a súa cara nun neno, nun vello, nun debuxo dun manga e nunha ilustración de Boticceli. Non fun cabrón e non puxen aquí a imaxe de home-mono ou de bébedo, pero asegúrovos que nos botamos unhas risas co programiña. Recoméndovos probar con varias fotografías, pois non vai igual de ben cunhas que con outras.
20 Maio, 2007