¿Qué é un blogue?

Vaia, acabo de ver en Microsiervos que o videoblogueiro Joan Planas estrea unha serie de vídeos titulada Tengo 1 pregunta na que irá recompilando enquisas pola rúa sobre temas...

Vaia, acabo de ver en Microsiervos que o videoblogueiro Joan Planas estrea unha serie de vídeos titulada Tengo 1 pregunta na que irá recompilando enquisas pola rúa sobre temas propostos polos seus seguidores, e que se estrea coa cuestión: “¿Qué es un blog?

O vídeo resulta simpático, especialmente ó ver á xente que non se cosca de nel, pero hai que admitir que en catalán iso do bloc resulta un tanto confuso, posto que tanto se emprega para un bloque como para un caderno tradicional. En galego a pregunta podería ter máis graza, porque estou seguro de que se saímos á rúa a preguntar a algúen “¿sabes o que é un blogue?” a cantidade de respostas negativas sería abraiante. Se a pregunta tivese que ver co blogomillo a cousa aída estaría peor.
Do que no teño dúbida é de que, igual que no vídeo de Planas, a cantidade de xente que ten un Space ou un Fotolog é importante, pero outra cousa ben diferente é que se actualicen estes servizos, que normalmente só captan a atención do usuarios as primeiras semanas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS