23 Abril, 2007
Os humoristas gráficos saben atopar o xeito de concienciarnos sobre problemas sociais, coma o que reflicte a masacre na universidade de Virginia Tech nos pasados días, e Daryl Cagle vén de publicar unha escolma das tiras de prensa que mellor souberon tratar o asunto, e das que eu tamén replico algunha:
- Christo Komarnitski (Bulgaria) é un dos moitos ilustradores que denuncia a dobre moral da cidadanía conforme ás proximidade dos acontecementos:
- Dick Locher (The Chicago Tribune) emprega ós personaxes de Charles Schulz para dar a súa visión sobre o uso das armas de fogo:
- E por suposto, o propio Daryl Cagle tamén se preocupa do tema denunciando a falta de previsión da sociedade norteamericana así como a súa falta de carácter fronte os medios de comunicación, que inflúen de xeito excesivo en cómo ven a vida:
Debe estar conectado para enviar un comentario.