Volve Edilberto Alonso

O trobador curtiense Edilberto Alonso volve á carga, esta vez cun volver moi peculiar, xa que dedica o seu novo tema ó éxito de Pedro Almodóvar coa súa película...

O trobador curtiense Edilberto Alonso volve á carga, esta vez cun volver moi peculiar, xa que dedica o seu novo tema ó éxito de Pedro Almodóvar coa súa película Volver. Velaquí está Spiritual, Magic and Knowledge:


Ver a letra da canción ▼

A composición desta nova peza realizouse o pasado 27 de xaneiro, cando Edilberto veu na televisión irlandese cómo Pedro Almodóvar e Penélope Cruz compartían unha aperta ó recibiren un premio (supoño que durante a cerimonia de entrega dos Goya).
O cantautor de Curtis máis popular na Rede imprime nesta nova canción alegría en forma de ritmos latinos que queren convidar a bailar e elevar o espírito cun estilo definido por moitos coma pop-antidepresivo.

Edilberto Alonso na porta da discoteca Punto y ApartePero, ¿existe unha relación entre a película premiada nos Goya e nomeada ós Oscar de Hollywood? Pois por sorprendente que pareza, Edilberto Alonso e Penélope Cruz están a só 1 grado de separación, xa que en xullo de 1988 Edilberto inaugurou unha discoteca de tarde en San Sebastián de los Reyes (propiedade dos irmáns Baena Aguado de Alcobendas, empresa dirixida por Cándido Candy Rodríguez) chamada Punto y Aparte (e que contaba co noso trobador favorito coma director), á que asistía unha rapaza de especial encanto e acusada personalidade, que co paso do tempo remataría converténdose na primeira actriz española en optar a un Oscar.
Iso si, para min o máis rechamante de todo o conto é a aparencia de Alonso naqueles tempos, porque parece o mesmísimo Antonio Alcántara 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS