Fai as túas propias tatuaxes

Cativo, ¿queres sen coma Schoffling? ¿Queres ter tatuaxes? Pois para iso tes o GR8 TaT2 Maker que se vende por 14,99 dólares e que permite pintar a pel grazas...

Cativo, ¿queres sen coma Schoffling? ¿Queres ter tatuaxes? Pois para iso tes o GR8 TaT2 Maker que se vende por 14,99 dólares e que permite pintar a pel grazas a unha pluma que imita o movemento das máquinas de tatuaxe profesionais, pero que pinta cunha tinta lavable, de xeito que se pode customizar todo o corpo, pero sen efectos permanentes (así, cando pases de Prison Break a Heroes non te arrepentirás de encher o corpo co mapa dunha prisión).
Máquina de tatuar
A verdade é que os xoguetes están a tomar uns derroteiros realmente rechamantes. ¿Qué será o vindeiro en saír? ¿O Topmantanova? ¿O Chemicoca? ¿O SupercineXXXín?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...