21 Novembro, 2006
Cativo, ¿queres sen coma Schoffling? ¿Queres ter tatuaxes? Pois para iso tes o GR8 TaT2 Maker que se vende por 14,99 dólares e que permite pintar a pel grazas a unha pluma que imita o movemento das máquinas de tatuaxe profesionais, pero que pinta cunha tinta lavable, de xeito que se pode customizar todo o corpo, pero sen efectos permanentes (así, cando pases de Prison Break a Heroes non te arrepentirás de encher o corpo co mapa dunha prisión).
A verdade é que os xoguetes están a tomar uns derroteiros realmente rechamantes. ¿Qué será o vindeiro en saír? ¿O Topmantanova? ¿O Chemicoca? ¿O SupercineXXXín?
Debe estar conectado para enviar un comentario.