17 Novembro, 2006
Hoxe chega ós cines españois a película baseada no videoxogo Dead or Alive:
¿Qué vai dar esta película? Pois está claro: tetas e hostias. Para mostra do primeiro, aquí os distintos carteis promocionais da peli:
Para unha mostra do segundo, aquí o trailer da peli:
Ah, e a loura é Holly Valance, que poida que algún coñeza coma cantante, pero é máis doado lembrala como a stripper de Prison Break.
No creo que vaia a vela no cine, pois paréceme un produto para DVD, pero o feito de que poida crear un precedente coma Mortal Kombat dame esperanzas. Iso si, gustaríame ser testemuña dunha conversa ó saír no cine no que en vez de escoitar un “gusto máis do libro” a frase pronunciada sexa “o xogo estaba mellor“.
Debe estar conectado para enviar un comentario.