Hedwig and the Angry Inch chegará a España en DVD

A pasada fin de semana Diego avisoume de que en ZonaDVD falaban do lanzamento en España do DVD de Hedwig and the Angry Inch, que xa se pode reservar...

Hedwig and the Angry InchA pasada fin de semana Diego avisoume de que en ZonaDVD falaban do lanzamento en España do DVD de Hedwig and the Angry Inch, que xa se pode reservar na FNAC, e que me sorprende por incluír son en español, xa que eu mercara a edición británica da película e só viña en inglés (cando outras pelis que adquirín do mesmo xeito si incorporaban audio en español) e para min é unha obra de referencia dentro do xénero musical/roqueiro, cunhas cancións caralludas.
A película chegará ás tendas o 22 de novembro, a un prezo máximo de 11,95 euros, ou sexa, que sae a un prezo popular que incluso baixaría co tempo (e que nalgunhas tendas xa parte con rebaixa) e supoño que picarei no Nadal e a collerei aínda que sexa só para ver cómo é en español.

En Zona DVD publican a seguinte sinopse da película:

Hedwig nació varón. Era un chico llamado Hansel que soñaba con encontrar a su otra mitad. De mala gana se sometió a una operación de cambio de sexo que le permitió casarse con un soldado americano y alcanzar la libertad al otro lado del muro de Berlín. La operación salió mal y Hedwig se quedó con esa “pulgada irritada” que da nombre a la película.
Abandonada y divorciada en un parque de caravanas, conoce al joven Tommy Gnosis, que se convierte en su amante antes de abandonarla y alcanzar la fama en el rock con las canciones que le ha robado. Acompañada de su grupo “The Angry Inch“, Hedwig, afligida pero divertida, sigue a Tommy en su gira de masas, tocando en locales medio vacíos ante una clientela desconcertada y unos cuantos fans incondicionales.

Para min, a historia está moi ben, pero o realmente alucinante da película son as cancións, e para mostra un botón:
Está canción é tan flipante que incluso a versionou Meat Loaf, aínda que cambiando a letra substituíndo as referencias ó Muro de Berlín polo texano Álamo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS