Dende este luns, La 2 vai emitir de 8:30 a 9:00 horas a serie de animación Pocoyó, feita para nenos de 1 a 5 anos e que é un dos mellores produtos audiovisuais para cativos que vin (con permiso dos Teletubbies) e que me lembra a series que vía de cativo como Chapi Chapó (da que non dubido que de facela hoxe lle cambiarían o título para evitar as bromas tipo mon-xa-món).
Sí, conceptualmente Chapi Chapó era unha cousa moi sinxela e educativa:
Pero a min Pocoyó paréceme moito máis axeitado para os cativos de hoxe en día, pois ten unha estética moi atractiva, e os personaxes tamén se prestan para a realización de bonecos, así que apostaría que entre os máis pequenos da casa a serie vai arrasar (sempre que se entere alguén da súa existencia). Para mostra, un botón:
Non podo rematar se indicar que Pocoyó é obra dunha empresa española (Zinkia) e que o popular personaxe incluso ten un blog no que se pode achegar un a figuras coma Robocopocoyó, Pocoyó de Arabia, Pocoyopolo XIII e mesmo os PocoBeatles. Un blog imprescindible para os amantes do audiovisual infantil.
8 Outubro, 2006
Debe estar conectado para enviar un comentario.