24 Setembro, 2006
Andrés Milleiro realizou unha entrevista ós responsables de Microsiervos, e non só respondeu o maqueiro coruñés Wicho, senón que tamén participaron Nacho e Alvy.
Os mozos de Microsiervos responderon así ás boas preguntas que fixo Milleiro dende o seu blog 7 minutos antes de la medianoche, polo que recomendo a lectura do texto. Iso si, se alguén quere imitar a Wicho, Alvy e Nacho para ter un blog de éxito… mellor que pase e que faga algo diferente, porque o que fan eles non se pode mellorar ou, cando menos, sería case imposible roubarlles o seu espazo gañado a pulso (e o dominio microciervos.com xa está rexistrado 😛 )