Os mil nomes do carallo

Antón acaba de mandarme unha referencia en YouTube cun videoclip de Leonardo Dantés cantando un tema dedicado ós mil nomes que recibe o membro viril masculino, o que me...

Antón acaba de mandarme unha referencia en YouTube cun videoclip de Leonardo Dantés cantando un tema dedicado ós mil nomes que recibe o membro viril masculino, o que me lembrou ó Diccionario secreto de Camilo José Cela que principalmente se compón de 2 tomos, un con sinónimos de carallo e outro con sinónimos de collóns, todos argumentados con referencias bibliográficas moi curradas. Pero, claro, comparar a Dantés con Cela é un pouco animal, ¿non?
Velaquí o vídeo:

Como vedes, tampouco se loce moito o Dantés con sinónimos, xa que a propia Jennifer Beals dicía moitísimos máis no segundo capítulo de Four Rooms, cando mencionaba palabras para definir pene para ofender (e excitar) ó seu marido. De tódolos xeitos sempre teremos dúbidas como se grelo serviría para pór nome ós órganos sexuais masculinos ou femininos (en Zapping a cousa estivo moi igualada cando deron a súa opinión ó respecto os oíntes). Por sinónimos, que non falte.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS