¡A que está caendo na Coruña!

Esta mañá na Coruña está a chover a conciencia (7,5 litros/m2 en 20 minutos), o que me lembrou ao pobre Sparky: A imaxe é unha obra dun fotógrafo que...

Esta mañá na Coruña está a chover a conciencia (7,5 litros/m2 en 20 minutos), o que me lembrou ao pobre Sparky:
Sparky baixo a choiva
A imaxe é unha obra dun fotógrafo que veño de descubrir, Howard Berman, que é todo un artista, especialmente retratando animais. Para que vos fagades unha idea do que sabe facer este artista, poño aquí algunhas fotos máis:

– Se houbese prensa do corazón para mascotas, publicarían imaxes coma esta:
animais in fraganti

– Se deixas os cans sos na casa, poden buscarse a vida:
cans preparando a comida

– E mesmo son que de atopar un emprego no circo:
can circense

– Pero coidado cando bebas unhas copas de máis:
cadelo fodepernas

– E lembra, que unha mascota abandonada non é un criminal:
mascota fichada

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS