Han Solo estrea tráiler

O 25 de maio chegará aos cines o filme HAN SOLO: Una Historia de Star Wars, e a cousa mete bastante medo, porque até hoxe non puidemos ver o...

O 25 de maio chegará aos cines o filme HAN SOLO: Una Historia de Star Wars, e a cousa mete bastante medo, porque até hoxe non puidemos ver o seu primeiro tráiler:

Que pasou na produción desta película para que a tan pouco tempo da súa estrea non saibamos case nada da mesma? Será o primeiro desastre en taquilla de Star Wars dende que a franquía está en mans da Disney? Confiemos en que non, e que Donald Glover e Woody Harrelson consigan compensar a rumoreada decepcionante interpretación de Alden Ehrenreich e o gafe de Emilia Clarke (que con Terminator: Génesis deixou moi mal sabor de boca).

O tráiler non ten mala pinta, e tamén resulta curioso que en España o filme non vaia chamarse Solo, senón que opten por Han Solo (probablemente para evitar confusións e problemas no rexistro de marcas, por ser solo unha palabra que está no dicionario).

Crucemos os dedos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS