Localcoñízate con Desigual!

Un dos meus viners favoritos, Trazzto, está a liala parda parodiando o anuncio televisivo de Desigual, cunha campaña que vén podería estar pagada pola propia marca de roupa, pois...

Un dos meus viners favoritos, Trazzto, está a liala parda parodiando o anuncio televisivo de Desigual, cunha campaña que vén podería estar pagada pola propia marca de roupa, pois se algo está a conseguir é un efecto viral que nin de broma conseguiría cunha campaña publicitaria tradicional, aínda que asocien a marca cunha expresión tan pouco ortodoxa como localcoño.

Vexamos primeiro o anuncio de Desigual:

[content_right title=”Localcoño”]Lalalaa
Siempre voy de desigual.
ropa daltónica total
la dislexia hecha disfraz.
[/content_right]Aínda que o vídeo é breve, a canción enteira titulada Hundred Miles é unha creación da banda Yall interpretada pola exótica voz de Gabriela Richardson que podemos escoitar íntegra na canle de YouTube de Desigual, e Trazzto non quixo limitarse á parte central do anuncio e currouse un vídeo e cunha canción completiña que é todo un esmendrelle:

Ver letra ▼

E ti, queres bailar como unha loca del coño? A que esperas? Xa tardas en coller o Dubsmash no móbil e marcarte un Localcoño para compartilo nas túas redes sociais. 😉 Ah, e Trazzto tamén vén de publicar unha versión karaoke da canción! 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS