Masacre estrea trailer

Tras insistir durante anos, Ryan Reynolds conseguiu saír coa súa, e déronlle luz verde a unha película de Masacre que veremos nos cines en febreiro. Non será o blockbuster...

Masacre

Tras insistir durante anos, Ryan Reynolds conseguiu saír coa súa, e déronlle luz verde a unha película de Masacre que veremos nos cines en febreiro. Non será o blockbuster do ano, pero tampouco vai ser un filme máis da Marvel, e promete ser do máis divertido.

Na pasada Comic Con amosaron o tráiler desta película, e aínda que se filtraron copias de mala calidade, souberon evitar a tentación de agardar a publicar o vídeo promocional até agora, mantendo o nivel de hype bastante alto. Parece que a espera pagou a pena, e por fin o mercenario leriante terá a adaptación cinematográfica que merece.

Pese a que a peli de Masacre vén da mesma compañía que a nova película dos Catro Fantásticos, está clarísimo que non teñen as mesmas intencións. Só confío en que este novo filme arrase para ver se así dende DC teñen o valor de sacar dunha vez a moi rumoreada película de Lobo. 😉

ACTUALIZACIÓN: A poucas horas da estrea do tráiler oficial, xa temos tráiler en español:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS