Mulleres e videoxogos (documental)

Coa colaboración da Escola de Novas Tecnoloxías Interactivas, Marina Amores conseguiu facer realidade unha produción documental titulada Mujeres+Videojuegos na que busca abordar un tema moi polémico: por que o...

Coa colaboración da Escola de Novas Tecnoloxías Interactivas, Marina Amores conseguiu facer realidade unha produción documental titulada Mujeres+Videojuegos na que busca abordar un tema moi polémico: por que o rol das mulleres na industria dos videoxogos é secundario cando na práctica preto da metede dos usuarios son femininos?

O documental agradécese especialmente por chegar dunha muller que ten demostrado sobradamente saber desta industria, como podemos ver nas súas achegas a Zehngames e Eurogamer, e incluso no seu anterior documental, Detrás del videojuego:

Cómpre comentar que ao ser a autora unha «tola do Monkey Island» e do resto de obras de LucasArts resulta difícil buscarlle pegas ao seu traballo. 😉 O mellor é aplaudir que dedicase parte do seu tempo a producir unhas pezas audiovisuais enriquecedoras e que chaman á reflexión.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...