Volve a Foliada a Melide

A vindeira fin de semana celébrase unha nova edición da Foliada en Melide, e un ano máis non faltarán Os Melidaos: Os Melidaos e Tromentelos abrirán a XI Foliada...

Os Melidaos

A vindeira fin de semana celébrase unha nova edición da Foliada en Melide, e un ano máis non faltarán Os Melidaos:

Os Melidaos e Tromentelos abrirán a XI Foliada de Melide

O grupo de música tradicional Os Melidaos, Os gaiteiros que cantan estrearán unha nova edición da Foliada de Melide organizada dende o ano 2004 pola Asociación Cultural O Castelo.

Os Melidaos darán a saída á XI Foliada cun concerto que comezará ás 22:00h no que interpretarán varias pezas compostas por eles mesmos que serán recollidas no seu terceiro disco. Este novo traballo sairá á luz en breve e, ao igual có disco anterior, foi gravado nos Estudios Abrigueiro de Friol.

Os Melidaos continúan, deste xeito, levando a música tradicional galega a diferentes escenarios. O último dos seus concertos foi na Festa da Reconquista de Vigo do pasado mes de marzo e nas súas actuacións para os vindeiros meses destaca a participación nos actos de celebración do centenario do histórico Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Nese importante acto, a celebrar o 30 de maio en Ferrol, foron convidados os tres coros históricos deste País: Cántigas da Terra da Coruña, Cantigas e Agarimos de Compostela e Coral de Ruada de Ourense, ademais de Treixadura e Os Melidaos.

Os sete membros de Os Melidaos animan a gozar coa música tradicional e a axudar a mantela viva.

Velaquí o programa completo de actividades:

programa da Foliada

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS