A volta a Hergé en 80 linguas

Que Pedro Rey é seareiro da obra de Hergé e ten unha grande colección de material de Tintín non é unha sorpresa para ninguén, pero resulta curiosa a súa...

Exposición no Pazo de Fonseca

Que Pedro Rey é seareiro da obra de Hergé e ten unha grande colección de material de Tintín non é unha sorpresa para ninguén, pero resulta curiosa a súa última teima: facerse cun cento de cómics de Tintín publicados en idiomas distintos, reto bastante difícil de superar dado que das 112 linguas nas que se ten publicado a principal obra de Hergé, hai moitas que tiveron tiraxes realmente anecdóticas, de xeito que só poderían conseguirse exemplares pagando cantidades astronómicas.

inauguración

Conseguir este tipo de material é unha combinación de compras realizadas durante viaxes, amigos viaxeiros que se lembran da afección por Tintín de Pedro e compras realizadas a través da Internet, o que permitiu que a peculiar colección chegase xa aos 86 volumes, o que cobrou o peso suficiente para organizar unha exposición que hoxe inaugurouse na biblioteca do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela.

O acto contou coa presenza de moitos coñecidos, como Xosé Pereira da USC, o rabudo Nacho Mirás, o profesor Jorge Mira ou incluso o noso libreiro favorito, Sanmi, polo que o ambiente foi moi bo, convidando aos presentes a botar un ollo ao material exposto e a conversar con Pedro Rey sobre as moitas curiosidades que rodean ao mundo de Tintín e moi especialmente á súa curiosa colección internacional.

cómics belgas

Era inevitable que falando con Pedro saíse o tema das edicións en galego de Tintín, que sorprende que sexan tan vellas (non se publica nada de Tintín na nosa lingua dende 1991) e algúns dos volumes chegan a estar moi valorados polos coleccionistas doutros países.

IMG_0876

Pedro ReyIso lembroume a carencia da pista de audio en galego dos DVD de Tintín comercializados en España (pese a que as películas animadas emitíronse no seu día na TVG) e comentando o asunto Pedro dixo algo do que non tiña noticia: están a traballar no redebuxado das películas animadas de Tintín. Unha grande nova para quen queira gozar desta serie en alta definición, porque a edición que circula por aí actualmente en Blu-ray é a edición de DVD mutilada (para pasar de 4:3 a 16:9 recortaron a imaxe, o que provocou tamén unha perda de calidade de imaxe).
Se queredes ver máis imaxes da inauguración desta tarde, podedes ver a galería fotográfica que publiquei en Facebook.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS