Hai un par de semanas o diario El País daba conta dos segredos da lonxevidade nun extenso artigo que culminaba cunha listaxe con 5 dos lugares máis lonxevos do planeta, entre os que citaba a Melide:
MELIDE (ESPAÑA): libres de colesterol
Este tradicional pueblo gallego, ubicado en A Coruña, cuenta entre su población, de 17.500 habitantes, con 18 centenarios. Desde Servicios Sociales del Ayuntamiento lo atribuyen a una dieta escasa en el pasado y a mucho trabajo en el campo. “Aquí no existía el colesterol”, subrayan. Tampoco hay contaminación directa, debido a la ausencia de fábricas. Y los ancianos del lugar aún recuerdan la amabilidad del que fuera médico del pueblo. “La dispersión geográfica en Galicia ha contribuido a que caminemos mucho”, añade una melidense. De hecho, es una de las comunidades autónomas más longevas del país.
Non acabo de entender moi ben de onde sacan os datos de poboación de Melide, pois a cantidade que dan está moi por enriba do censo dos tres concellos da Terra de Melide, e por debaixo da poboación do partido xudicial de Arzúa e, de feito, a pasada noite en Informativos Telecinco falaron do tema, cifrando a cantidade de melidenses centenarios en 5, engadindo que para chegar aos 18 había que ter en conta ás vilas veciñas (sen concretar):
Iso si, supoño que a máis dun médico non lle gustaría nada escoitar iso de que unha das causas da lonxevidade é non comer peixe. De todos os xeitos, temo que a esperanza de vida das xeracións actuais vai estar moi afastada das anteriores, principalmente porque as condicións son moi diferentes, tanto para ben como para mal.
Debe estar conectado para enviar un comentario.