Co gallo da celebración do Día do Libro, na Coruña hai numerosas actividades programadas entre os días 19 e 23 de abril nos Xardíns de Méndez Núñez, e cando me acheguei ata alí pola tarde admito que esperaba atopar outra cousa, pois resultou que o número de casetas presentes era realmente ridículo.
Só estaban presentes tres librarías tradicionais (Queixume, Coureiro e 7 Mares) e dúas especializadas en banda deseñada (Tanxencias e Alita) ás que que acompañaba un módulo para actividades no que gustei de ver no só que estivesen a botar unha partida a un xogo de mesa xunto a R2-D2, senón que houbese alí mesmo unha boa selección de libros de Elige tu propia aventura (recoñecín ter lido un par deles cando era cativo).
No libro tradicional pouco podía atoparse que resultase rechamante, agás o feito de que os libros de Larpeiros son incombustibles, e parecen querer consolidarse como os bestsellers galegos do século XXI a falta dunhas sombras de Grey bravús. Unha nota triste acompañaba ás poucas casetas, como era o feito de que a Libraría Couceiro cesará a súa actividade o mes que vén por xubilación dos propietarios tras preto de 32 anos de actividade.
Esperemos que durante a xornada do mércores a cousa este animada por ser o propio Día do Libro, e aínda que as festas do sector na Coruña están máis centradas no verán, cando menos esta xornada de fomento da lectura non pase desapercibida. Como mínimo sería recomendable achegarse a iso das 19:00 horas, cando teño entendido que van organizar unha boa o Obelisco.
Debe estar conectado para enviar un comentario.