13 Abril, 2014
Encántame o último vídeo da serie Kids react!, no que amosan a reacción de cativos e mozos ante un radiocasete portátil:
Non só é divertido ver como a necesidade de auriculares, o tamaño do reprodutor ou o sistema para saltar dunha canción a outra resúltalles como algo inconcibible, senón que un dos cativos (Maxim, de 7 anos) chega a amosar unha madurez suficiente como para decatarse de que as cousas non mudaron tanto, con tecnoloxías que seguen a ser caras e complicadas de manexar (aínda que, como as temos a diario, non as vemos de tal xeito).
Chegan a pórlles diante un disco de vinilo e non sei o que farían (aínda que para min eran moito máis absurdos os LaserDisc).