O Bichero en papel

Alá polo ano 2008 a revista Retranca regalaba un libriño titulado Jalisia Kanibal no que recollían moitas das tiras de Luis Davila, e cando o pasado verán o propio...

Recompilacións de O Bichero de Luis Davila

Alá polo ano 2008 a revista Retranca regalaba un libriño titulado Jalisia Kanibal no que recollían moitas das tiras de Luis Davila, e cando o pasado verán o propio Davila visitou a Radio Galega adiantounos que estaba a preparar un volume recompilatorio para antes do Nadal, pero eu o que non esperaba é que se tratase de toda unha colección (da que xa ían 3 números) editada grazas á colaboración da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) á que tamén debemos a celebración do MexiOnseTuits.

Menú do DíaSupoño que a limitada distribución é a que fixo que estes volumes pasasen desapercibidos, e non foi ata a edición do cuarto co gallo do espectáculo Menú do Día (para o que xa para as actuacións de Vilagarcía, Ourense, Burela, A Coruña, Monforte e Pontevedra, tendo pasado xa por Cangas e Vigo) que souben desta auténtica obra de referencia do humor gráfico galego. Para os que mañá anden por Compostela, que saiban que Davila vai presentar este último libro na tenda de Nikis Galicia Style na rúa do Preguntoiro ás 17:30 horas.

Os libros de O Bichero poden adquirirse con facilidade en Bueu, pero para os que estamos lonxe o método máis doado é recorrer á páxina web da Librería Abrente, onde teñen bastantes existencias de O Bichero 1, O Bichero 2, O Bichero 3 e o novo O Bichero 4, coa vantaxe adicional de que para compras superiores a 19 euros temos portes de balde (entregan en 48 horas).

interior a toda cor

A edición é de auténtico luxo, co primeiro volume centro dun sobre protector de cartón bastante curioso e co último número cunha cuberta de máis calidade (acabado en mate con solapas). A colección recolle as tiras de O Bichero, pero, en vez de amosarse cronoloxicamente, preséntanse en categorías como Xente de Aquí, Política, O Mar, Deportes ou Un Pouco de Todo, que poden identificarse claramente ao mirar o borde das páxinas (xa que as páxinas separadoras non teñen as marxes en branco, polo que destacan). En definitiva, uns volumes dignos de adquirir para conservalos para o futuro, e poder revisar cando xa non estean a circular polo WhatsApp ou polo Facebook. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS