Primeiro trailer de Teenage Mutant Ninja Turtles

Coido que non se agardaba o trailer de Teenage Mutant Ninja Turtles, o novo filme das Tartarugas Mutantes, ata o vindeiro 4 de abril, pero finalmente xa está aquí,...

Leonardo

Coido que non se agardaba o trailer de Teenage Mutant Ninja Turtles, o novo filme das Tartarugas Mutantes, ata o vindeiro 4 de abril, pero finalmente xa está aquí, e por fin podemos ver as pintas que terán as novas tartarugas, que nesta ocasión desbotaron os traballados disfraces do seu primeiro filme para presentarse creados por ordenador, o que temo que vaia resultar un chisco arrepiante para os máis cativos.

Polo momento vese moi pouco do que ofrecerá realmente a película, pero parece garantido que teremos acción, humor e un prometedor Desfibrador. Do mestre Acha aínda non vin nada, e de Megan Fox como April O’Neil aínda non sei que pensar (e coido que ata que vexa a película tampouco poderei xulgar se redefinirá o personaxe ou será tan gafe como en todas as producións que fixo despois de Transformers 2).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS