Hoxe recibimos no programa A Tarde da Radio Galega a Germán García de Cortes de Muar, que chegou acompañado por Xosé Ramón Nóvoa (toda unha sorpresa para min, pois non me comentara nada), que viñan a comentar o recoñecemento que recibiu o seu magnífico queixo nos World Cheese Awards. Entendo que o premio é moi merecido, pois o queixo que nos deixaron probar estaba riquísimo.
Aproveitei a ocasión para probar a aplicación Nokia Refocus do móbil, para poder así compartir o resultado por aquí (iso de poder enfocar a imaxe a posteriori picando no queixo ou na vaca ten a súa graza):
Tras a súa visita, deixáronnos un dos seus queixos de tetilla, deses que teñen unha vaca raíña na etiqueta, e foi a metade alá en poucos minutos (coido que antes dunha hora xa tiña voado o queixo enteiro.
Gusta ver que non só se fan bos produtos na terra, senón que tamén saben vestilos ben.
Debe estar conectado para enviar un comentario.