Airapro viste a Betanzos de festa

Os nosos benqueridos actores e humoristas Marcos Pereiro (Nucha/Kevin José) e Xosé A. Touriñán (Mucha/Puskas) tiñan unha empresa en Carral chamada Airapro que hai un ano mudou a súa...

Ola Betanzos

Os nosos benqueridos actores e humoristas Marcos Pereiro (Nucha/Kevin José) e Xosé A. Touriñán (Mucha/Puskas) tiñan unha empresa en Carral chamada Airapro que hai un ano mudou a súa sede a Betanzos, e para celebrar este primeiro aniversario organizan mañá un acto que responde ao lema de Ola Betanzos!, que terá lugar na Praza de Pintor Seijo Rubio a partir das 12:00 horas.

A festa abrirana Marcos e Touri acompañados por Federico Pérez (Josito/Moncho), que darán paso a un concerto da Factoría de Subsistencia (dúo formado por Josito Porto e Anxo Graña). Logo, ás 12:50 horas, Pepo Suevos regalará aos asistentes cun dos seus monólogos e o chou rematará cun concerto de Heredeiros da Cruz, que tocarán 5 ou 6 temas e asinarán camisetas e discos.

A praza contará con barras, nas que venderán bebidas e invitarán a mexillóns con cada consumición (¡ri ti dos callos do Puskas!) grazas á colaboración do Café-Bar Dimi, que tamén celebra o seu primeiro aniversario en Betanzos.

Unha celebración de balde que de seguro que agradecerán os seareiros de toda esta tropa do carallo. ¡Pasádeo ben, mozos!

ACTUALIZACIÓN (20-7-2013): Vese que os de Airapro saben montar unha boa festa:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS