Presentan na Coruña a nova edición da Festa do Melindre

Esta mañá celebrouse na Coruña unha actividade bastante curiosa para presentar en sociedade a XXII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide que terá lugar...

A Festa do Melindre na Praza de Lugo

Esta mañá celebrouse na Coruña unha actividade bastante curiosa para presentar en sociedade a XXII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide que terá lugar o vindeiro día 12. Para captar a atención do público na sempre moi transitada Praza de Lugo colocouse no medio un vello autobús de Puntero que parecía unha auténtica peza de museo (trátase dun vehículo de 1960 restaurado para a ocasión) xunto a unha mesa na que ofrecíanse aos transeúntes mostras da repostería melidense (melindres, ricos e amendoados).

degustación

Pouco eran os que non paraban, e aínda que cada persoa limitábase a coller un melindre ou un rico (nada de fuxir cun feixe de doces) en menos dunha hora esgotáronse os preto de 80 quilogramos de produto ofrecido para a súa degustación. Que non se diga que os coruñeses non gustan das larpeiradas.

Ángeles Vázquez falando cos medios

Pero non eran só coruñeses os que pasaban pola Praza de Lugo, senón que moitos melidenses afincados da cidade ou que acudían ex profeso déronse cita ao redor da popular repostaría da Terra de Melide. A alcaldesa Ángeles Vázquez aproveitou a ocasión para anunciar aos medios que conseguiuse a declaración da Festa do Melindre como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha grande nova para a promoción da repostaría tradicional e para a consolidación desta festa gastronómica.

autoridades

Para apoiar á celebración melidense acudiron diversas autoridades á Praza de Lugo, como a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo; o presidente da Deputación, Diego Calvo; e os concelleiros da Coruña, María Luísa Cid e Enrique Salvador.

Velaquí algunha fotografía máis que tomei do evento:

Para os interesados en acudir o día 12 a esta edición tan especial da Festa do Melindre, velaquí o seu programa:

  • 11.00 h Lanzamento de bombas de palenque anunciando o comezo da festa e apertura dos expositores. Praza do Convento.
  • 11.30 h Actuación do grupo de musica e baile tradicional O Balado (Toques). Praza do Convento.
  • 12.00 h Pregón a cargo de María Mera, actriz da serie Matalobos. Praza do convento.
  • 12.30 h Entrega de títulos de recoñecemento embaixadores do melindre, presentado por Raquel Atanes de V Televisión. Praza do Convento.
  • 13.00 h Animación de rúa cos grupos de musica tradicional Froito Novo e O Balado.
  • 17.00 h Entrega de premios do VI Concurso de Debuxo Melindresricos. Praza do Convento.
  • 19.30 h Actuación musical na Praza das Coles
    OS MELIDAOS
    TROMENTELOS

A festa será retransmitida por streaming para todo o mundo a través da Internet.

Antes de rematar teño que mencionar que esta entrada no blogue está patrocinada pola seguinte mostra de repostaría que recibín hoxe: [icon icon=”0035.png”][/icon]

mostra de repostaría melidense

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS